A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presidiron hoxe a presentación do proxecto da Estratexia Loxística das Infraestruturas de Galicia 2021-2028 aos principais portos e operadores loxísticos e empresariais de Galicia. O Goberno galego marca como obxectivo duplicar o transporte de mercadorías por ferrocarril ao incorporarse ao corredor Atlántico Europeo.
