O concello da Pobra do Caramiñal volve a somerxerse no mundo da micoloxía coas quintas xornadas centradas neste campo. Arrancaron o luns pasado coa mostra das mellores fotografías de anos anteriores e retoman mañá a súa actividade coa charla introdutoria.