A Xunta vén de constituír a Rede Galega de Educación dixital un equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación dixital do sistema educativo. A súa primeira reunión, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira, tivo lugar esta mañá en Santiago.