O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación. Foron un total de oito puntos os tratados, dos cales todos foron aprobados. Houbo unanimidade en catro dos puntos expostos. Entre eles as subvencións nominativas a entidades deportivas e de educación con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020. O Concello da Pobra propuxo a aprobación de investimentos financiados con endebedamento, que foi aprobado con oito votos a favor e cinco en contra, do PP. Desde o concello promoven o financiamento de diferentes actuacións.
