A revolución eléctrica está aínda nos seus inicios, e a día de hoxe tan só son un 7% os coches novos que son eléctricos, o que constitúen unha porcentaxe moi baixa dentros dos vehículos que circulan. Algúns son os que auguran un futuro complicado para as gasolineiras debido a que nos vindeiros anos este boom eléctrico irá crecendo. Desde a Gasolineira Repsol da Pobra creen que a día de hoxe coa subida do prezo da luz, a diferencia competitiva entre electricidade e combustible igualouse. Segundo os especialistas o futuro pasa polo hidróxeno.