Deputación Da CoruñaOutes

A Deputación da Coruña inviste 163.187 euros na humanización da travesía da Serra e San Cosme, en Outes

A Deputación da Coruña ven de adxudicar por 163.187,38 euros á empresa SYR-AMG as obras de humanización da travesía da Serra e San Cosme, no concello coruñés de Outes, que contribuirán á mellora da seguridade dos peóns.

Na travesía que atravesa o núcelo da Serra de Outes (DP 5604), os traballos consistirán na construción de 738 metros lineais de beirarrúas, dos que 374 m. discorrerán pola marxe dereita da calzada e 364 m. pola marxe esquerda.

Antes de efectuar estas obras levarase a cabo da demolición do pavemento existente e a canalización de 470 metros de tubaxe de PVC, 13 pozos de rexistro e 24 arquetas de saneamento.

Contémplase tamén a instalación de 13 novos puntos de iluminación pública e de sinalización horizontal e vertical, que inclúe o repintado das marcas viais, cebreados e isletas e a reposición das sinais existentes. Asimesmo, instalaranse catro bancos de madeira con estrutura de fundición, 20 metros de baranda metálica e 14 de bionda.

En San Cosme (DP 6203) levarase a cabo a canalización de 270 metros de tubaxe de PVC e a dotación de 12 arquetas con sumidoiro e un pozo de rexistro, así como a formación de 270 metros de cuneta revestida de formigón para a recollida de pluviais.

O prazo de execución dos traballos é de seis meses a partir do inicio das obras.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.