O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta do sector pesqueiro pola I+D+i para posicionar Galicia á vangarda mundial na acuicultura. Non en balde, a Comunidade produce o 20% do total do peixe e marisco criados en Europa, conseguindo o 85% do total da produción en España.