A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o papel da economía social como “piar esencial” e “motor” necesario para unha “recuperación máis social, sostible e participativa”. Aproveitou a súa presenza no acto organizado en Santiago de Compostela para poñer en valor o compromiso que a Xunta mantén desde hai anos con esta fórmula económica e a aposta polo seu futuro, que se confirma no incremento de máis do 6% do orzamento que a Xunta lle dedicará en 2022.