A Xunta está a desenvolver a campaña da gripe. A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, presentaron a iniciativa na residencia de maiores pública autonómica de Oleiros . García salientou que a vacina é o método máis eficaz para previr contaxios e salvar vidas.
