A Asociación Mulleres Salgadas, formada ao 100% por mulleres do sector marítimo, pesca e acuicultura, vén de presentar un proxecto co fin de dar a coñecer o papel da muller do mar. A entidade recibe unha axuda por parte do Galp de preto de 4 mil euros co que se impulsa esta iniciativa. A páxina web, mulleressalgadas.es recolle fotos, datos e información sobre unha entidade feminista, así como o seu traballo e o das mulleres da Ría de Arousa.