Terra de Outes desexa conmemorar as letras galegas cunha serie de actos durante este mes, por varios motivos, entre eles o 50 aniversario da dedicación deste día a Francisco Añón e a construción do seu monumento, o máis importante deste concello; en segundo lugar, a adicación desta efeméride a Manuel María, en terceiro lugar a reivindicación desta efeméride para os escritores de Noia e Muros Pepe Agrelo e Manuel Fabeiro, que no actural ano cumprirían 80 anos e o seu centenario, respectivamente. E, por último, o tamén centenario da fundación das Irmandades da Fala.
VENRES, 13 MAIO. Casa da Culura. A Serra
Ás 19 h. Centenario de Manuel Fabeiro. A cargo de Xavier Castro. Profesor de Lingua e Literatura Galega, escritor e crítico literario.
Ás 20 h. O poeta Manuel María. A cargo de Pilar Sampedro. Exdirectora do IES Poeta Añón.
SÁBADO, 14 MAIO. Centro Náutico “Fco. Rama”. O Freixo
Ás10.30.Concentración de embarcacións tradicionais e navegación
Ás 19 h. Día das Letras para Xosé Agrelo. A cargo de Ramón Blanco. Profesor de Lingua e Literatura Galega e escritor.
Ás 20 h. Recital poético a cargo da Tertulia Literaria Tapal
Ás 21 h.Concentración de embarcacións tradicionais
Ás 23.30 h. Concerto do grupo Monoulious D.O.P.
DOMINGO, 15 MAIO. Centro Náutico “Fco. Rama”. O Freixo
Ás 10.30. h Concentración de embarcacións tradicionais e navegación.
Ás 13.30 h. Música na riveira.
Ás 17 h. Andaina pola riveira, coa guía de Santiago Llovo, escritor
LUNS, 16 MAIO. Salón de plenos da Casa do Concello.
Ás 19 h. Centenario das Irmandades da Fala. A cargo de Manuel do Río, profesor e escritor.
MARTES, 17 MAIO. Praza do Concello.
Ás 12.30 h. 50 aniversario do monumento de Añón. Palabras de Carlos L. Crespo, alcalde de Outes; Xoán Mariño, presidente de Terra de Outes; ofrenda floral.
https://www.youtube.com/watch?v=V5FktMZ94d4