A sesión plenaria ordinaria do Concello de Rianxo deixou boas noticias para o municipio. Ante a necesidade de cambiar as ordes de anualidade para as obras de saneamento que se están a levar a cabo na localidade, aprobouse por unanimidade a terceira adenda ao convenio con augas de Galicia. A actuación realizarase en varias fases, o que provocou que as anualidades fosen modificadas.