O responsable da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que co remate das obras do Edificio Fontán complétase o complexo do Gaiás cun futuro marcado pola cultura, o patrimonio, a ciencia e a tecnoloxía. Durante unha visita a esta nova infraestrutura, Feijóo incidiu en que coa finalización deste inmoble a Cidade da Cultura pon fin a unha fase centrada nos proxectos construtivos e abre outra, marcada pola expansión da creatividade, do coñecemento, da formación e da investigación.