O titular da Consellería de Facenda, Valeriano Martínez, faleceu esta tarde debido a unha parada cardiorrespiratoria. O conselleiro estaba traballando no seu despacho cando sufriu a parada, os servizos de emerxencias que o atenderon non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Martínez, natural de Aldán, tiña 60 anos e ostentaba a carteira de Facenda dende o ano 2015. Antes ocupou a secretaría xeral da Presidencia da Xunta e os cargos de director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas. Era licenciado en Ciencias Económicas e empresariais pola Universidade de Santiago e era diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria.
A Xunta informou da cancelación de toda a axenda prevista para hoxe. Os grupos parlamentarios do BNG, PSdeG e PP transmitiron as súas condolencias, ao igual que o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.