Os mercadillos da comarca do Barbanza non están a pasar pola súa mellor situación. O número de vendas na tempada estival foi moito máis reducida ca anos anteriores, incluso ca o ano pasado. Desde os postos ambulantes afirman que esta tempada é unha das máis frouxas que se recordan.