MurosOutes

O presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo presenta a sua candidatura en Outes

Alberto Nuñez Feijoo presentou en Outes a súa candidatura como líder dos populares galegos a Xunta de Galicia. Arroupado por varios centos de simpatizantes e militantes, entre os que se atopaban os alcaldes populares das comarcas do Barbanza e Muros Noia o presidente do PpdeG pedía o apoio dos Barbanzás de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, nun acto emotivo , no que o alcalde Outes exerceu de anfitrión. Carlos Lopez Crespo comezou a sua intervencion destacando as melloras en infraestructuras acometidas nesta zona durante o mandato de Feijoo, e destacou tamñen a renovación feita no partido polo seu presidente.

No acto interveu tamén o presidnete provincial do PpdG, Diego Calvo, quen agradeceu a alberto Nuñez Feijoo , que finalmente decidise aceptar a presentación da sua candidatura.

Feijoo destacou que se traballou con dificultades nestes últimos anos, pero que malia iso, mereceu a pena.

O lider dos populares galegos destacou a necesidade de vover a gañar porque a oposición é peor do que había no 2009.

Pediu o apoio para ser un digno presidente de Galicia, e para mellorar o partido. Destacou que non adiantaron as elección para non aproveitarse da debilidade dos demais partidos, unha ventaxa coa que o PP nunca xogou.

Este fin de semana os populares participaránnun congreso en Ourense.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.