Pobra Do Caramiñal

UN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA POBRA SÁLDASE CON VARIOS VEHÍCULOS DANADOS E DOUS POSTES DA LUZ TIRADOS

Esta fin de semana produciuse un accidente de tráfico na Pobra, concretamente no Camiño Ancho na estrada que conecta a vía de acceso ao polígono co cemiterio. O suceso tivo lugar sobre as dez da noite do pasado venres cando un Mercedes CLA vermello ía en dirección ao casco urbano da Pobra por un tramo en costa. Por motivos que se están a investigar, o condutor perdeu o control do turismo que primeiro chocou contra dous coches que estaban aparcados e logo cun poste de formigón da luz que deixou a piques de caer. O vehículo non se detivo aí e volveu golpear con outro poste da luz que tirou á vía. O condutor conseguiu saír polo seu propio pé, pero foi trasladado ata o Hospital da Barbanza. A circulación foi cortada, xa que a estrada quedou chea de anacos do coche, que perdeu unha roda, e os Bombeiros de Ribeira e Protección Civil da Pobra tiveron que retirar da vía.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.