A quinta onda parece que se está a diluír na comarca e en Galicia. Debido á situación a Xunta estuda un novo marco para o ocio nocturno a través do que se busca garantir a estabilidade dos empresarios e a seguridade dos clientes. Isto permitiría ampliar o nivel de ocupación e os horarios. O uso do certificado covid, ratificado polo Tribunal Supremo, permitirá establecer distintos niveis de ocupación, de tal forma que no máximo nivel será preciso que os clientes presenten o certificado de vacinación.