O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou as demandas que Galicia levará ao Consello Interterritorial do Sistema de Saúde para resolver o déficit en Atención Primaria. Explicou que para ter máis especialistas, Galicia aposta por unha revisión dos criterios de acreditacións de prazas de formación para a especialidade de medicina familiar e comunitaria.
