O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial no polo Aeroespacial de Galicia é clave para afianzar a pegada industrial e crear empleo cualificado neste sector. O vicepresidente económico apuntou que para a consolidación do polo Aeroespacial de Galicia vai ser fundamental afianzar a colaboración público-privada. Na parte pública, a través dos fondos europeos Next Generation que deben supoñer un salto de calidade para este proxecto. E, no que respecta á iniciativa privada, manifestou a súa confianza en que se poidan materializar as boas sensacións recibidas ata o de agora coas dez propostas que se presentaron á convocatoria da Xunta para ser futuros socios industriais desta iniciativa para o próximos cinco anos.