Durante o acto de apertura da XXIII Edición da Escola de Verán do Poder Xudicial, baixo o título Camino de Santiago: camino de paz y justicia, Feijóo salientou que a Ruta Xacobea é historicamente un vector de vertebración cultural e social sen o que non se entendería a Europa hoxe en día. O presidente do Goberno Galego apelou a conservar a vixencia dos valores que Camiño de Santiago que guían á sociedade inspirando a convivencia ao longo de toda a historia.