A trixésimo segunda edición do Trofeo Concello de Outes será unha das máis recordadas na historia do torneo, e non polo puramente deportivo, senon por como un pobo como Outes se volcou na xornada do domingo para mostrar a súa mellor cara e rendir unha sentida homenaxe a David Perol e Nelson Castro, os dous mozos falecidos o pasado 28 de agosto ao precipitarse co coche ao mar en Muros. Centos de persoas se deron cita no Campo do Conchido para mostrar todo o seu cariño aos amigos e familiares das vítimas. Na previa da final, disputada entre o Cidade de Ribeira e o equipo local, o Outes FC, o alcalde do municipio entregou un ramo ás familias de David e Nelson e os amigos dos falecidos homenaxearonos con camisetas e fotos deles. Antes do pitido inicial levouse a cabo un emotivo minuto de silencio en honra de David Perol e Nelson Castro.