O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe ao Comisario de Medio Ambiente, Oceános e Pesca da Comisión Europea, Sinkevicius, que Galicia está a traballar co Consello Galego de Pesca para fixar a postura da comunidade na defensa dos seus intereses. Nesta liña, durantea a visita ao Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, avaliaron os horizontes nos que se basea a proposta galega, entre os que destacan: un marco comercial equilibrado e o cumprimento das normas no mercado internacional; a sustentabilidade da pesca; a súa adaptación ao cambio climático e á alimentación segura e de calidade; e a necesidade dunha cogobernanza global para loitar contra a pesca ilegal. Ademais do impacto do Brexit, o presidente destacou a necesidade de que o futuro regulamento de control pesqueiro teña en conta as particularidades da pesca artesanal galega.
