A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe do inicio do proceso polo que se somete a información pública a primeira fase de acondicionamento da estrada PO-446 en Estribela. Así, hoxe presentouse o proexecto destinado a reforzar a seguridade viaria e a favorecer a mobilidade no treito inicial desta vía autonómica, máis coñecido coma a estrada vella de Marín. A intervención suporá actuar ao longo dun treito de 500 metros da vía autonómica, desde a glorieta de aceso ao porto de Marín, cuxos veciños tamén se benficiarán da actuación. Os interesados terán a ta o próximo 3 de novembro para presentar alegacións, e logo dese período a Xunta traballará para licitar as obras no primeiro tremestre do ano 2022 e tamén en posibles novas actuacións no tramo.