A Pobra do Caramiñal celebra dende o 17 ao 20 de setembro a festividade do Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2.000, Na xornada do domingo 19, o municipio pobrense rexistraba como cada terceiro domingo de setembro un gran número de persoas para a devoción do nazareno. Aínda que este ano, por mor da covid, a afluencia foi menor, un amplo dispositivo de seguridade e organizativo permitiu que a praza Alcalde Segundo Durán contara con gran afluencia de fieis e que se voltaran a ver as velas e túnicas moradas dos ofrecidos. As misas tiveron lugar ás 11:15, 12:15 e 13:15, esta última considerada a principal e oficiada polo arzobispo Julian Barrio.