O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha reunión coa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño. No encontro, o responsable do Goberno galego trasladoulle varios asuntos claves para Galicia como a distribución dos fondos Next Generation ou a inclusión financeira. Tamén falaron doutros temas, como os peches de Meirama e As Pontes.