Pobra Do Caramiñal

A POBRA PRESENTARÁ O CADERNIÑO BARBANCESES EN MAUTHAUSEN O 24 DE SETEMBRO. A OBRA RECOLLE UN ESTUDO ARREDOR DOS 14 BARBANCESES QUE ESTIVERON NO CAMPO DE CONCENTRACIÓN.

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será escenario o 24 de setembro, a partir das 20:30 horas, da presentación do caderniño número 7 da colección Episodios Republicanos Barbanzás, e que leva por título Barbanceses en Mauthausen. A boa acollida destos volumes foi unha das principais causas para poñer en marcha esta sétima edición.Así o deron a coñecer o concelleiro da Memoria Histórica, Xabier Santos e membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza: a presidenta, Celia García; o secretario, Xulio Axeitos; e a tesoureira, Pilar Pereiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.