A Xunta de Galicia está inmersa no traballo de análise e estudo de máis dun centro de propostas de itinerarios ciclistas que poden formar parte da guía A paisaxe galega desde a bicicleta. Así o adiantou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante un percorrido en bicicleta polo concello de Vedra, ao carón do río Ulla.