A Xunta celebrará no período 2021-2022 un total de 94 obradoiros, que ofrecerán formación e un contrato de traballo a preto de 2.000 persoas sen emprego da comunidade. O Goberno galego ampliou este ano ata os 34,2 millóns de euros (+48% respecto da anterior) o orzamento da convocatoria, coa que da resposta ao 100% das solicitudes presentadas. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o obradoiro de emprego sobre repoboación forestal e tratamentos silvícolas dos concellos de Outes, Noia e Lousame, onde destacou a importancia destas ferramentas para formar e dar a posibilidade de acceder a un emprego ás persoas participantes.
