Dentro do programa “Outes Concilia” enmárcase o Campamento de Verán 2021 do Concello de Outes que vén de rematar recentemente. A actividade abarcou todo o período vacacional dos menos, iniciándose o 23 de xuño e finalizando o 8 de setembro, na xornada anterior ao inicio do curso escolar. Constou de 6 quendas, cun total de 200 prazas, as cales foron todas cubertas, quedando familias en listaxe de agarda. A maioría dos rapaces e rapazas eran do concello de Outes, que tiñan prioridade no acceso ao servizo, se ben tamén se beneficiarion nenos doutros concellos da contorna. O alcalde, Manolo González, amosouse satisfeito polo desenvolvemento das actividades do campamento.
