Por segundo ano seguido a festividade do Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2000, non contará coa súa habitual procesión. O coronavirus obrigou a adaptar a celebración e as misas, que se desenvolverán na praza Alcalde Segundo Durán baixo un amplo dispositivo de seguridade.
