A partir do sábado entrarán en vigor varios cambios en Galicia con respecto á vacinación e á hostalería. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o sábado abriranse centros de vacinación masiva para todos os galegos que non estean vacinados poidan acudir sen necesidade de ter cita para recibir a primeira dose. Ademais o luns e o martes habilitaranse puntos de vacinación nos sete campus galegos. Núñez Feijóo destacou o avance na vacinación da poboación galega.