A frota pesqueira vive con incerteza sobre o seu futuro. A Unión Europea e varias asociacións ecolóxicas queren rematar co gasóleo bonificado do sector, que conta cunha exención no imposto sobre hidrocarburos. Os pescadores afirmaron que se esta medida se leva a cabo implicaría a desaparición do sector. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, sinala que é unha medida inasumible e reclama que a reforma da Política Pesqueira Común que se está a preparar dende Bruxelas contemple a investigación de novos combustibles para os barcos.
