A Xunta de Galicia esgotará o crédito dispoñible para o programa de adquisición de vivenda nun concello de menos de 5.000 habitantes, coa concesión ao abeiro da convocatoria de 2021 de máis dun cento de axudas a persoas menores de 35 anos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta previsión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, durante a súa visita á vivenda dunha parella beneficiaria dunha axuda deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado 1 de setembro.
