O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o investimento de 30 millóns de euros realizado este verán para levar a cabo 557 obras de mellora, en 400 centros educativos, que benefician a preto de 150.000 alumnos. Durante unha visita esta mañá ao novo CEIP Sagrado Corazón, en Lugo, Feijóo avanzou que a Xunta está licitando outras 84 actuacións por importe de 40 millóns de euros para executar en 2022.
