O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o novo Plan de financiamento aspira a mobilizar arredor de 3.000 millóns de euros entre 2022 e 2026 para garantir as transformacións e o desenvolvemento das universidades galegas. Durante o acto de apertura do curso académico 2021/2022, na Universidade da Coruña, Feijóo asegurou que o novo plan fixará a folla de ruta para relanzar o sistema cara á modernidade, a vangarda e o compromiso coa sociedade nos vindeiros cinco anos. Explicou que estes 3.000M€ mobilizados a través de recursos públicos rexeranse por seis eixes.