Xunta de Galicia

A XUNTA AVANZA A ESTRATEXIA EDUCACION DIXITAL 2030 QUE CONTARÁ CUN INVESTIMENTO DE 120 MILLONS DE EUROS PARA ACADAR UN ECOSISTEMA EDUCATIVO DE ALTO RENDEMENTO

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Estratexia Educación Dixital 2030 contará cun investimento de 120 millóns de euros para os primeiros tres anos de aplicación e permitirá acadar un ecosistema educativo de alto rendemento e a transformación nas aulas. Trala súa aprobación no Consello, Feijóo incidiu en que esta iniciativa estará sustentada en dous piares básicos: o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento; e o perfeccionamento das competencias e capacidades necesarias para acadar unha verdadeira transformación dixital.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.