A situación no Barbanza mantense estable, mais no día de hoxe a gran maioría dos municipios sufriu un leve ascenso nos positivos. Muros é o concello que máis notou esta subida, ao pasar dos 17 aos 22 casos a 14 días e dos 13 aos 17 a dunha semana. Pola súa parte, ribeira subiu en dous, ata os 19 os casos a unha semana, mentres que a dúas semanas baixou en un ata os 32. O Concello de Boiro, rompe coa súa boa tendencia ao rexistrar un ascenso de dous casos máis ata os 36 a 14 días, a unha semana mantense entre un e nove. Noia, pasou dos 31 aos 33 casos a dúas semanas e a 7 días baixou dos 23 ata os 16. O municpio pobrense mantense estable, mais subiu en un, ata os 17 os casos a 14 días e aunha semana mantense nos 10. Dous casos menos, 19 rexistrou Rianxo a 14 días e a unha semana subeu aos 10 casos. Porto do Son, outes e Lousame son os únicos concellos que non rexistraron ningún ascenso. O municipio sonense mantense en 23 e menos de dez casos a 14 días e a 7. E Outes e Lousame seguen entre un e nove tanto a unha como a dúas semanas.
