20 noviembre, 2026

A directora xeral de Administración Local visita na Pobra o estado das obras do Parque Infantil do Camiño Ancho e do centro de recollida de animais abandonados

A Xunta segue colaborando cos diferentes concellos, neste caso coa Pobra do Caramiñal. Así, esta mañá a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o novo parque infantil cuberto do Camiño Ancho, no que se achega unha axuda de 40 mil euros. O novo parque permitirá ofrecer á cativada unha zona de ocio para que non teñan que desprazarse ao centro urbano e dispoñan dun espazo de lecer preto dos seus domicilios onde xogar pese á meteoroloxía adversa ao tratarse dunha zona cuberta. As instalación intégranse no recinto da antiga escola unitaria do Camiño Ancho que xa contaba con campo de fútbol sala e baloncesto.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX