A Xunta segue colaborando cos diferentes concellos, neste caso coa Pobra do Caramiñal. Así, esta mañá a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o novo parque infantil cuberto do Camiño Ancho, no que se achega unha axuda de 40 mil euros. O novo parque permitirá ofrecer á cativada unha zona de ocio para que non teñan que desprazarse ao centro urbano e dispoñan dun espazo de lecer preto dos seus domicilios onde xogar pese á meteoroloxía adversa ao tratarse dunha zona cuberta. As instalación intégranse no recinto da antiga escola unitaria do Camiño Ancho que xa contaba con campo de fútbol sala e baloncesto.