Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiron a reunión do Consello Escolar de Galicia, ao que informaron de que o sistema educativo vai contar este curso 2021/22 con todos os recursos humanos e materiais e as medidas necesarias para blindar a seguridade sanitaria dos centros educativos, a calidade e a equidade do ensino. Os colexios e institutos dispoñen do protocolo para organizarse desde o pasado 9 de xullo e a incorporación dos 1.250 profesores de reforzo do Plan Recupera materializarase no mesmo mes de setembro, unha vez se resolvan as solicitudes realizadas polos centros para participar neste programa de recuperación das aprendizaxes non adquiridas por mor da pandemia.