Congalsa presentou hoxe a súa Memoria relativa ao 2020. A compañía pechou o ano cunha facturación que ascende a 100.686.000 euros. Nos primeiros meses do ano a firma adquiriu a empresa lusa Sulpasteis. Esta operación permitiu a Congalsa crecer pola vía inorgánica e fortalecer a súa presenza internacional. Esta operación permitiu que o Grupo Congalsa facturara más de 100 millóns de euros.
A pandemia afectou aos plans da firma, que atrasou o lanzamento de case a totalidade dos seus novos produtos ata o 2021. Sen embargo si que lanzou dos novas referencias: os medallóns de merluza e os taquitos rebozados. Debido á covid apoiou a campaña “Vémonos nos bares” e puxo a disposición dos hostaleiros cos que traballa un servizo gratuíto de dixitalización de cartas e xeración de códigos QR. A familia de Congalsa creceu, xa que en febreiro uniuse á plantilla o robot Pepe, que está programado para recepcionar visitas. Tamén lanzaron un novo vídeo corporativo e a unha nova web para promover a súa marca Ibercook Fun Food.
A firma con sede na Pobra recibiu varios premios ao longo do pasado ano. En marzo foi recoñecida co galardón Mención á Conciliación nos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia. Tamén recolleu o Premio Conmemorativo á Organización con Maior Número de Participantes na VI Carreira pola Diversidade organizada pola Asociación Ámbar.