A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe ás nenas e nenos do campamento de verán do concello de Narón nos obradoiros da nova campaña Fai clic ao teu bocata, estreada pola Xunta no último curso para promover o consumo de conservas de produtos do mar entre o público infantil. A titular de Mar salientou que chegou en xullo a preto de 500 nenas e nenos e en agosto prevese que alcance a preto de 900. No obradoiro os nenos aprenden a diferenciar as especies de peixes ou coñecen a importancia da pesca.