O Instituto Campo de San Alberto está sendo obxecto dunha importante actuación que ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do centro. A pandemia foi retrasando prazos dunhas obras que contan cun investimento de máis de 1 millón de euros. Os traballos inclúen labores de carpintería, electricidade e albanelería. As obras comezaron nas fachadas, para logo rematar traballando no interior.
