Unha nova edición da Semana do Mar chega á Pobra do Caramiñal. O concello presentou unha programación con propostas para tódolos públicos. As actividades comezarán o día 19 no mercado mariñeiro que se estenderá ata o 22, situándose na praza Alcalde Segundo Durán. No día 20 terá lugar a charla A pesca artesanal e sostible. Orgullo Noso, da man de Rogelio Santos, mariéiro de Porto do Son. Será ás 20.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Nesa mesma xornada, as mariscadoras da Asociación Mar da Pobra explicarán o seu labor nunha xornada de turismo mariñeiro que transcorrerá na praia dos Raposiños. A visita sairá da oficina do turismo ás 10.30 horas.
