A situación da comarca segue coa súa tendencia á baixa, mais ata o día de hoxe non se rexistrara unha baixada de casos en tódolos concellos do Barbanza. Por primeira vez en moito tempo, tódolos municipios poden dicir que descenderon os seus casos. Por un lado, o Concello de Outes segue en nivel medio baixo, ao ter menos de 10 casos a 7 e a14 días, consolidándose así no nivel medio baixo. O alcalde de Outes valorou a situación do Covid no municipio.
A localidade da Serra resistiu á quinta onda e en ningún momento se situou en niveis extremo ou alto, un feito moi positivo para un sector moi afectado como a hostalería.
No resto de Concellos o descensos tamén foi notable. Os municipios que contan con máis casos comezan a ver a luz. Ribeira segue coa súa melloría e baixou a 90 casos a 14 días, dous menos ca onte, e a 32 en 7 días, 5 menos. Boiro rexistrou 76 casos a dúas semanas, 3 menos ca onte e 38 a 1 semana 2 menos. O Concello de Rianxo conta con 41 casos a 14 días e a unha semana mantense nos 16. Noia, a 14 días ten un caso menos ca onte, 37, e a 7 días dous menos, 17.