Coa chegada da Covid-19, un dos maiores interrogantes sempre foi o uso da máscara e sobre a súa eficacia. Ao principio da pandemia eran moitos os que afirmaban que a máscara só era recomendable para os contaxidados, mais co paso do tempo o seu uso foise extendendo a tódolos ámbitos. Ata fai uns meses, a máscara era obrigatoria en calquer lugar, fose aberto ou pechado, pero pouco despois permitiron a ausencia de máscara en espazos abertos nos que se cumpla distancia de seguridade. Sen embargo, ao saír á rúa vemos a maioría da xente coa máscara. A causa principal para o seu uso, para moitos é a seguridade que aporta a máscara en casos de contacto con outras persoas.