O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a Manuel Gallego Jorreto como unha referencia indiscutible e salientou que a paisaxe urbana da Galicia actual lle debe moito a profesionais coma el. Núñez Feijóo acudiu hoxe a inauguración das VI Xornadas da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea, na que se fixo entrega do recoñecemento desta entidade a Gallego Jorreto, un arquitecto que comprendeu as claves da nova arquitectura.
