O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe aos deportistas olímpicos galegos a felicitación de toda Galicia pola súa histórica participación nos Xogos de Toquio. Destacou que se a convocatoria para Toquio xa foi todo un fito para Galicia, coa participación 20 deportistas galegos e cinco con licenza galega, as 6 medallas, entre elas a da ribeirense Ana Peleteiro, e 10 diplomas olímpicos acadados, entre eles o de Iago López Marra e Caetano Horta, xa forman parte da historia. Núñez Feijóo puxo en valor que o 72% dos galegos que participaron nos Xogos Olímpicos quedaron entre os 8 mellores do mundo.

