O Concello da Pobra do Caramiñal continúa na súa aposta polo turismo náutico e pola diversificación de actividades coas que desfrutar no municipio durante a tempada de verán. O municipio contará cunha nova proposta que consiste nunhas rutas marítimas percorrendo en lancha tres puntos cruciais da ría da Arousa. Así o anunciaron a concelleira do Turismo, Charo Varela; a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío; e Jesús A. Places, en representación da empresa Oceanic Arousa Tours.
